Queridas
familias, fai tres anos que a Xunta Directiva da APA organiza unha
 ROMARÍA
DA PRIMAVERA
 que
nos achega, a nenos e maiores, ao xeito tradicional en Galicia de festexar o
inicio desta época do ano,
pretendendo así, favorecer a xuntanza entre as
familias.
Será o vindeiro sábado, 9 de
abril, a partir das 17:30 h, no polideportivo cuberto da escola e, se o
tempo o permite, tamén no patio da escola
.
Dispoñeremos de inchables,
música de fondo e faremos  obradoiros cos
rapaces, de xénero artístico e deportivo, entroncados coa temática da primavera.
Poderán participar neles en calquera momento da xornada, repartidos por idades.
Como novidade
este ano contaremos tamén cun PhotoCall primaveral, a fin de
inmortalizar o momento. Para todo isto contamos coa axuda de Axiña.
Pretendemos un encontro interxeracional a través do traballo cooperativo
polo que os obradoiros están abertos a nenos e pais.
Dado que
o baile sempre foi unha forma de festexar a chegada da primavera, contaremos tamén
cun espectáculo de danza a cargo da compañía Artestudio,
e faremos a continuación obradoiros de baile.

Agora
ben, para facer unha romaría completa, precisamos da vosa colaboración e
alentámosvos a
traer biscoitos, empanadas, rosquillas, tortas ou o que vos queirades para
compartir entre todos.


A entrada é de balde pero agradeceríamosvos
que fagades a inscripción neste formulario para facilitarnos a correcta
organización dos obradoiros e da actividade en xeral.

Contamos con todos vos…e veña festa!