O pasado venres e este martes todos os nenos e nenas da escola asistiron a unhas funcións de teatro.
Caramuxo interpretou para 4º, 5º e 6º de primaria a obra «Eu de maior quero ser…» na que abordaron o tema de xénero mezclando monólogos de teatro  cun vídeo froito dun traballo en colexios onde se van dando opinións sobre as diferencias de xénero.
Bululu teatro escenificou a obra «A Praia», fundamentalmente mímica, para os cativos de Infantil e os rapaces de 1º, 2º e 3º de primaria.
Estas actuacións forman parte do traballo que organiza a Xunta Directiva da APA, para promover a realización de actividades complementarias de carácter artístico e cultural para os alumnos do centro.